Sinopse
Un grupo de ARRIEIROS e ARRIEIRAS parte desde a adega cun gran pipo de viño para embarcalo no peirao
con destino a Inglaterra.
Unha viaxe fantástica na que os Arrieiros se encontrarán con distintos personaxes e
situacións que farán que o camiño sexa unha odisea inolvidable chea de sufrimento e medos
pero tamén de ledicias e festa.
Definición do espectáculo
Espectáculo de TEATRO DE RÚA ITINERANTE con personaxes e situacións do Sáculo XIX. Unha
montaxe para disfrute de todo tipo de públicos participativo e espectacular para escenificar por prazas e rúas tanto de día como de noite.
BONECOS XIGANTES, ESPECTACULARIDADE, PARTICIPACIÓN ACTIVA DO PÚBLICO, VISTOSIDADE, CANCIÓNS EN DIRECTO, MONTAXE BASEADA EN FEITOS
E PERSONAXES HISTÓRICOS, TEATRO POPULAR CÓMICO, PARA ESCENIFICAR EN RÚAS, PRAZAS E OUTROS ESPAZOS EXTERIORES, MONTAXE
PARA ESCENIFICAR DE DÍA OU DE NOITE.