A diáspora






Sinopse

Martes de Entroido, máscaras, xigantes... xentes polos camiños van troulear á vila. Mentres, A MULLER fica na casa solitaria. Axiña escoita voces entre a choiva. É CABOZO que vén anunciarlle a súa marcha cara as Américas. ”Este vaise, aquel vaise...” ¿Que hei facer de min? Os pesadelos invaden a noite longa. No mencer OS GARROTEIROS petan á porta, fachendosos, insultantes e malnacidos. A MULLER fai as maletas, ”adeus casa, adeus contento....” peirao, mar e ¡ao fin! a esperanza de Cuba. Anos de traballos, soedade, desilusións ... Agora chegou o tempo de cumprir o máis firme dos desexos. Volver á terra e atoparme con quen agarda desde hai anos.