Sinopse
O capitán BARBA BRANCA organiza
unha
expedición científica para mirar a saúde dos
fondos mariños.
Axiña aparece cun submarino e faise acompañar
dos máis
intrépidos BUZOS coñecidos.Na súa viaxe encontraranse con
ANÉMONAS E FONDOS MARIÑOS, pero tamén o
acompañará unha
MEDUSA antes de chegaren a visitar os CABALIÑOS DE MAR que van
pacíficos mar adiante. Na viaxe tamén se encontran cun
banco de
PEIXES DE CORES que veñen como fuxindo doutro animal máis
grande e
perigoso. Cando xa se adentraron no profundo do mar, na parte
máis
escura sorpréndeos unha RASPA XIGANTESCA, seguramente restos dun
peixe descoñecido e que a expedición celebra como
descubrimento
universal. Por fin regresarán á superficie non sen antes
encontrarse cunha MANTA RAIA.
Cando xa entran na praia unha ESTRELA
DE MAR danza para eles en celebración polo seu descubrimento.